RAPOSO OURENSE
“Os Homes de Paco” foron os campións
10/1/2014

Campionato Provincial de Ourense de Caza de Raposo

O pasado sábado 11 de xaneiro disputouse o Campionato Provincial de Caza de Raposo de Ourense organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores do Tecor Leiro.

Á proba acudiron un total de 3 equipos que durante toda a maña tentaron dar caza ao raposo. Nesta ocasión o “golpe” gañou a partida e os cazadores non conseguiron abater ningunha peza.

A falta de capturas fixo preciso a realización dun sorteo no que o equipo “Os Homes de Paco” acadou o primeiro posto converténdose no Campión Provincial. O “Rei de Copas” e “Lamela” foron os segundos e terceiros clasificados respectivamente.

Estes 3 primeiros equipos clasificados conformarán a representación da provincia de Ourense na vindeira edición do campionato autonómico da especialidade.