DIVULGACIÓN
A FGC elabora un folleto informativo sobre a tenza e o transporte de cans
15/1/2014

Ante a crecente demanda de información ao respecto da lexislación vixente en canto á tenza e ao transporte dos cans de caza, un tema tan importante e preocupante para os cazadores galegos, especialmente os que saen cazar fóra da nosa comunidade, a Federación Galega de Caza ven de elaborar un pequeno folleto divulgativo que pretende aclarar as dúbidas existentes neste ámbito.

Este folleto atoparano en calquera das oficinas da Federación Galega de Caza e próximamente será distribuido entre tódalas sociedades de caza federadas para que faciliten esta información a tódolos seus socios.

Descargar folleto informativo tenza e transporte de cans