NOVA LEXISLACIÓN
Entra en vigor a nova Lei 13/2013, de caza de Galicia
29/1/2014

A Federación Galega de Caza considera “aceptable” o novo texto

Tras moitos meses de traballo, xuntanzas, achegas e rectificacións, o pasado día 8 de xaneiro publicábase finalmente no Diario Oficial de Galicia a nova Lei de Caza de Galicia, un texto que, se ven non satisfai moitas das esixencias reflectidas pola FGC nas súas achegas, considérase un texto aceptable, que pode ser mellorado no vindeiro regulamento.

O Presidente da FGC, Javier Nogueira, destaca positivamente as novidades relativas á responsabilidade patrimonial e á seguridade xurídica nas zonas de seguridade, así como unha visión máis positiva dos cazadores, que deixan de ser “una parte do problema” e considéranse agora un elemento regulador do ecosistema.

Pasados pois, 20 días da súa publicación, hoxe comeza a rexer a actividade cinexética esta nova lexislación que será concretada e diseccionada polo regulamento, no que xa está a traballar a FGC.

Descargar Lei de Caza de Galicia