OBSERVATORIO
Xa temos aos gañadores do sorteo realizado entre os cazadores que enviaron a súa ficha de seguimento da caza menor á FGC
25/2/2014

Rematado finalmente o prazo de recollida de fichas a pasada semana, hoxe tiña lugar o sorteo dos tres premios aos que optaban todos aqueles que participaron ao longo das últimas semanas enviando as súas fichas de seguemento de capturas de caza menor á Federación Galega de Caza.

Entre tódalas fichas recibidas, realizouse o sorteo no que resultaron agraciados os seguintes cazadores:

1º Premio: Seguro do Cazador tipo S (ata 732.251,82€ de capital asegurado)
Andrés Rodríguez (Forcarei, Pontevedra)

2º Premio: Subscrición gratuíta durante un ano á revista Galicia Cinexética
Jonathan Méndez (Antas de Ulla, Lugo)

3º Premio: Polo camiseiro co logo da FGC
Juan Carlos Yáñez (Cospeito, Lugo)

A Federación Galega de Caza quere dar a noraboa aos gañadores dos premios e sobre todo agradecerlle a sua participación a todos aqueles que fixeron chegar a ficha cuberta nas pasadas semanas. Os datos obtidos son dun grande valor e servirán para coñecer a saúde da caza menor nas distintas comarcas e concellos da nosa comunidade.