DANOS
Reunión de agricultores, gandeiros e cazadores coa Directora Xeral de Conservación da Natureza
27/2/2014

A instancia de Unións Agrarias, reuníanse o pasado martes, 25 de febreiro, representantes do sindicato agrario, da Sociedade de Cazadores O Faisán, e da Facultade de Veterinaria da USC, coa Directora Xeral de Conservación da Natureza. Na xuntanza, tamén participou o Presidente da Federación Galega de Caza, invitado polo Sindicato Agrario que entendía que era fundamental contar coa participación da Federación Galega de Caza pola súa relevancia.

Na xuntanza, que transcorreu nun ambiente cordial e de disposición a colaborar mutuamente, plantexouse a elaboración dun código de boas prácticas para previ-los danos do xabaril na agricultura, ao tempo que se puxo enriba da mesa a necesidade de por en marcha medidas encamiñadas a previ-los danos do xabaril ante a proximidade da campaña de sementeira do millo.

A idea deste encontro, é tratar de buscar, a través da discusión e do diálogo, as mellores solucións posibles para previ-lo danos do xabaril na agricultura.