XUNTANZA
O Secretario Xeral para o Deporte recibe ao Presidente dos cazadores galegos
4/3/2014

O Presidente da Federación Galega de Caza foi convocado esta mañá polo Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, a unha xuntanza en relación á entrevista que a FGC tiña pendente co Presidente da Xunta de Galicia.

Perante a xuntanza, na que se tratou o tema da licenza federativa única, o Secretario Xeral para o Deporte manifestoulle ao Presidente da FGC que el se mantén no plantexamento inicial, é dicir, que segue a xogar coa camiseta do deporte galego.

O máximo responsable do deporte galego tamén lle trasladou a Nogueira que a Secretaría Xeral para o Deporte propuxo ao goberno central un texto alternativo a este respecto, baseado en que a integración das federacións deportivas autonómicas nas federacións españolas debería ser por convencemento e non por obrigación.