SORTEO
Os gaƱadores do sorteo das fichas de seguimento de caza menor reciben os seus premios
7/3/2014

Se a pasada semana informávamos dos gañadores do sorteo realizado entre os participantes na campaña de seguimento da caza menor da tempada 2013/2014, agora xa contamos coas fotos nas que se lles fai entrega dos seus respectivos premios. Estes son os cazadores agasallados.

Andrés Rodríguez (Forcarei, Pontevedra)
1º Premio: Seguro do Cazador tipo S (ata 732.251,82€ de capital asegurado)

Jonathan Méndez (Antas de Ulla, Lugo)
2º Premio: Subscrición gratuíta durante un ano á revista Galicia Cinexética

Juan Carlos Yáñez (Cospeito, Lugo)
3º Premio: Polo camiseiro co logo da FGC

A nosa noraboa aos premiados. Agardamos que estas iniciativas animen aos cazadores a participar nas campañas de estudo da caza en Galicia que cada ano leva a cabo a Federación Galega de Caza a través da súa plataforma "Observatorio da Caza".