XUNTANZA
A Comisión de Competicións da FGC ultima a nova tempada deportiva
10/3/2014

Ante a inminente comezo da tempada de competicións, o pasado venres 7 de marzo tiña lugar unha xuntanza da Comisión de Competicións da Federación Galega de Caza, onde estiveron o Presidente e o Secretario Xeral, para realizar os últimos axustes antes do seu inicio.

O primeiro dos puntos do día era examinar a proposta de calendario de competicións, que foi aprobada por esta Comisión, e que agora deberá ser elevada a Xunta Directiva para, finalmente, ser aprobada se procede na vindeira Asemblea Xeral, e darse o calendario como definitivo.

Tamén se levaron a cabo diversas modificacións leves na normativa de competicións, así como establecer diversos dereitos e deberes do director da proba en cada competición.

Finalmente, estudouse a promoción de varios xuíces e árbitros e a realización de cursos de reciclaxe para os mesmos en varias disciplinas de competición, unha medida moi importante para asegurar o bo funcionamento desta vital parte da competición.