CORZO
Comezo da tempada de asexos de corzo en Galicia
28/3/2014

O vindeiro 1 de abril dará comezo unha nova tempada de asexos de corzo en Galicia que se estenderá, nesta primeira parte, ata o vindeiro 31 de xullo. Mencionar que cada ano é maior o abano de ofertas de precintos de corzo nos diferentes Tecores da nosa comunidade, o que posibilita que se acheguen ata os nosos montes asexadores de tódolos puntos da xeografía española.

Dende A Federación Galega de Caza desexarlle a tódolos cazadores, guías e gardas unha extraordinaria campaña corceira.