LEI DE CAZA
Máis de 600 cazadores confirmados para a presentación oficial da Lei de Caza
28/3/2014

Á resposta ao convite da FGC moi masiva e o aforo xa está completo

Mañá día 29 terá lugar no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo,a presentación oficial da nova Lei de Caza de Galicia a cargo da Consellería de Medio Ambiente e coa colaboración da Federación Galega de Caza.

A propia Federación convidaba a tódolos cazadores galegos a estar presentes nesta acto para coñecer en profundidade a lei e achegar á administración as súas inquedanzas e cuestións sobre a mesma. A resposta foi masiva, e máis de 600 cazadores de tódolos puntos da xeografía galega están xa confirmados para asistir a esta xornada na que a presenza do colectivo cinexético é básica para dar a coñecer á administración o seu interese e preocupación pola nova normativa e pola elaboración do Regulamento da mesma.