SENTENCIA
A Xustiza recoñece as irregularidades do proceso electoral da RFEC
7/4/2014

O Xulgado do Contencioso Administrativo número 7 de Madrid ven  de desestimar o recurso interposto pola Federación Catalana de Caza contra o proceso electoral da RFEC, convocado o 14 de setembro de 2012.

Non obstante, e debido aos comunicados de prensa nesgados que está a facer a RFEC, a Federación Galega de Caza, como membro do grupo opositor á RFEC, coñecido como F8, quere trasladar algunhas cuestións reflectidas nesta sentencia e que non están a facerse públicas.

A sentencia desestímase exclusivamente por presentar fora de prazo a reclamación, mais non entre no fondo da cuestión, é dicir, se o proceso electoral foi ou non limpo. De feito, o Xulgador parece amosar que se inclinaría por estimalo en caso de presentarse en tempo, xa que sinala que o mesmo adoece de importantes irregularidades, tal e como se extrae dos seguintes parágrafos da sentencia:

“Resulta incuestionable que el recurso contra la distribución del número de miembros de la Asamblea General por circunscripciones electorales se interpuso por la Federación Catalana una vez transcurrido el plazo de dos días señalado. 

Ciertamente, puede admitirse que el proceso electoral adolece de importantes irregularidades susceptibles de vulnerar frontalmente el principio de proporcionalidad y representatividad de las federaciones autonómicas, pero tal cuestión de fondo no puede alterar las normas sobre preclusión de recursos, que es de orden público, sobre todo en un proceso electoral estrictamente configurado por fases sucesivas interdependientes.

[…]

En consecuencia, y pese a las prevenciones ya expuestas, concurre la extemporaneidad declarada por lo que es preciso desestimar el presente recurso.

QUINTO: Las circunstancias expuestas implican que la cuestión suscita las suficientes dudas de hecho y de derecho como para no efectuar especial declaración de las costas procesales causadas en esta instancia”.

Tras a lectura da sentencia, resulta patente que o Xulgador quixo deixar constancia na mesma -a pesar de ter que desestimalo recurso por unha cuestión de forma- do feito de que o proceso electoral levado a cabo na RFEC adoeceu de graves irregularidades.

A FGC quere achegar así a visión completa deste asunto e non a versión nesgada que está a facer pública a RFEC.

Descargar sentencia