MUTUASPORT
A boa xestión de Mutuasport leva á Dirección General de Seguros a levantar as medidas de control especial
22/4/2014

A Dirección General de Seguros ven de comunicar a Mutuasport a decisión de levantar as medidas de control especial ás que estaba suxeita tras valorar a boa xestión da nova dirección da mutua e o positivo efecto que provocaron as medidas adoptadas no seu momento tanto a nivel organizativo como de xestión.

Dende que o equipo directivo tomou posesión do cargo en Mutuasport e, como resultado das medidas adoptadas durante o 2013, tanto en recuperación de capital como en mellora da xestión da Mutua, a Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones, por Resolución dictada o 15 de abril de 2014, procedeu a levantar as medidas de control especial que tiña impostas dende o pasado 31 de maio de 2013.

Mutuasport mantén como asegurados a máis de 250.000 mutualistas correspondentes ás Federacións de Caza que renovaron a póliza coa Mutua -entre as que se atopa a Federación Galega de Caza con máis de 20.000 federados- e está a ampliar acordos de distribución naquelas zonas onde non contan con presenza a través das Federacións.

Así mesmo, Mutuasport presentou superávit en tódolos parámetros de solvencia, tanto en marxe de solvencia como en cobertura de provisións técnicas e fondo de garantía.

En canto ás melloras de xestión emprendidas por Mutuasport, cabe destacar o cambio do equipo de xestión de sinistro permitindo mellores transaccións e aumentando a velocidade de tramitación dos sinistros; os novos criterios de tarificación e selección de riscos; reducción dos gastos de estrutura; e unha política prudente en inversións.

Estes resultados do ano 2013 e a súa xestión serán presentados na vindeira Junta General de Mutualistas, que se celebrará no mes de xuño para poder debatir e aprobar no seu caso.

Por último, cabe mencionar un feito destacable para Mutuasport, como é a aprobación da nova lei de tráfico, na que se da unha nova redacción ao texto da disposición adicional novena, mellorando significativamente a atribución de responsabilidades aos titulares dos cotos de caza ante accidentes de tráfico provocados por animais cinexéticos.