AXUDAS
Deporte convoca axudas a clubs, SAD e agrupaciĆ³ns deportivas para subvencionar gastos do ano 2013
23/4/2014

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia ven de convocar as axudas a clubes e agrupacións deportivas, que son solicitables polas sociedades de caza, polo que a continuación lle axuntamos a información facilitada pola propia Secretaria para o seu trámite.

Ao premer en "Solicitude" aparecerán 2 posibilidades de presentación:

De modo presencial/tradicional (en papel) --> En "Presencial" prema en "Modelo de Solicitude" --> Cubra e imprima unicamente o Anexo II --> Entrégueo nos Servizos Provinciais de Deportes co resto de documentación requirida.

De modo electrónico --> en "Tramitación en liña" prema en "Iniciar presentación electrónica na sede" (será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia).

Nota: nas dúas plataforma anteriores só se requirirá estar dado de alta; a confirmación de estar de alta recibirase vía e-mail á maior brevidade posible.

Para mais información:

  • Servizo Provincial de Deportes da Coruña: 981 132 443  (Fax: 981 132 527)
  • Servizo Provincial de Deportes de Lugo: 982 294 564  (Fax: 982 294 565)
  • Servizo Provincial de Deportes de Ourense: 988 386 050  (Fax: 988 386 051)
  • Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra
    (Sección de Promoción Deportiva de Vigo): 886 218 281  (Fax: 986 803 924)