RRCC OURENSE
O gañador foi Daniel Cebreiro e o título de campión provincial era para Abel Andrés
12/5/2014

Campionato Provincial de Ourense de Percorridos de Caza

O pasado 10 de maio tiña lugar nos montes de “Pena Cobertoira” o Campionato Provincial de Ourense de Percorridos de Caza que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e coa colaboración do Concello de O Carballiño.

A este campionato, clasificatorio para o autonómico da especialidade, participaron un total de 33 tiradores que, con boa climatoloxía reinante, tentaron derribar o maior número de pratos aos 100 que se enfrontaron.

O primeiro clasificado foi Daniel Cebreiro García que con 90 pratos convertíase no campión da proba. Con 88 pratos o subcampionato era para Ramón Conde Mouriño. Artemio Formoso Barro accedía ao terceiro posto da clasificación xeral con 86 pratos escachados. O Campión Provincial era Abel Andrés Otero ao acadar derribar un total de 80 pratos.

En xuvenís o campión era Daniel Vázquez Pintos con un total de 78 pratos.

Lembrarlles a todos os apaixoados a esta competición cinexética que esta fin de semana terá lugar no Campo de Tiro de Río Sar o campionato autonómico da especialidade.