RASTRO XABARIL |
O campión en VilagarcÃa foi Alfonso Collazo con “Lula” |
12/5/2014 |
Campionato de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril en Vilagarcía de Arousa O pasado 10 de maio disputouse a quinta edición da proba de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril de Vilagarcía, organizada polo Clube de Trailleiros do Salnés e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Karsita e a Federación Galega de Caza en Pontevedra. Na proba participaron un total de 24 monteiros que foron xulgados por Honorato Martínez Couñago e Roberto Calos Costa Tellado. Foi o monteiro Alfonso Collazo Pasín o que coa cadela mestiza “Lula” se adxudicaba o primeiro posto da proba con 261 puntos. O can “Cho” conducido por Francisco Rodeiro Eiras era o que acadaba o segundo posto da clasificación xeral con 253,5 puntos. Completaba o podio Álvaro Fontenla Filgueira con “Piñon 2” con 220,5 puntos. Destacar a presenza na entrega de premios de José Manuel Rodríguez López, presidente da Sociedade de Caza de Karsita e a do presidente da Federación provincial de Caza de Pontevedra Francisco Couselo Castiñeira. |