CANS PARADA PONTEVEDRA
Roberto Dopico e José Vicente foron os gañadores en A Cañiza
19/5/2014

Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Parada

No Tecor pontevedrés de A Cañiza disputábase na xornada de onte 18 de maio o Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Parada organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de A Cañiza.

Ata un total de 37 cans se deron cita neste campionato no que 29 pertencían a razas británicas e 8 a continentais. Estes cans foron xulgados por Antonio González Álvarez e Santiago Saavedra Cuíña, sendo o Director da Proba Carlos Vila Ramilo.

En Razas Británicas o Campión era Roberto Dopico Dopico co pointer macho “Easy de Capagut” cun EXC 1º. Cun EXC 2º o subcampionato era para o pontevedrés José Ramón Zamora Lorenzo que co pointer macho “Kurco de Paradela” convertíase no Campión Provincial da especialidade. O setter inglés macho “Jay do Estrume” propiedade de José Luis Méndez Tesouro facíase co terceiro posto cunha calificación de Moi Bo.

En Razas Continentais o Campión era José Vicente Cortes co macho de braco alemán “Denon de Mirandaola” cun Moi Bo e o Campión Provincial e segundo clasificado era o spaniel bretón macho de nome “Kuko de Alecrín” propiedade de Eduardo Calles Casais cunha calificación de Bo.