SAN HUBERTO
Jorge Martín resultou gañador en Ferrol
11/6/2014

Proba Puntuable para a Copa Galicia da especialidade

O pasado 7 de xuño, nos terreos da Sociedade de Caza e Pesca Urogallo de Ferrol disputouse unha proba puntuable para Copa Galicia de Caza San Huberto organizada por dita sociedade de caza en colaboración coa FGC de A Coruña.

Na proba participaron un total de 19 cazadores que foron xulgados por Esteban Cambón e Ramón Bertoa. O Director da proba foi Marcial Ramil Hermida, que foi quen deu a coñecer a clasificación final resultando como segue a continuación.

O cazador Jorge Martín Sánchez co seu pointer “Fio” foi o que acadou a maior puntuación con 86 puntos e converténdose deste xeito no campión da proba. A segunda praza foi para Fernando Manso con seu pointer “Sol” e un total de 75 puntos. Xa con 50 puntos e en terceira posición remataba Antonio Vilar co seu setter inglés de nome “Rocco”.