SEMANA VERDE SILLEDA
O stand da FGC xa está listo na FECAP
12/6/2014

Xa está listo o stand da Federación Galega de Caza na Feira de Caza, Pesca e Natureza (FECAP). Dende as 10.00h de hoxe e ata as 20.00h do domingo, os cazadores, afeccionados e interesados pola caza en xeral poderán achegarse ao pabellón 2 do Recinto Feiral de Semana Verde, en Silleda (Pontevedra), onde está situado.

Alí, poderán aprovisionarse de todo tipo de material divulgativo, así como consultar co persoal calquera dúbida acerca da actividade federativa. A Federación Galega de Caza agarda que tódolos visitantes fagan unha visita ao seu stand para coñecer un pouco mellor as súas actividades e proxectos.


Persoal da FGC durante a montaxe do stand no día de onte