RASTRO XABARIL
Jacobo Rodríguez con “Bachata” gañador en Xeve
25/6/2014

Proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade

O pasado 21 de xuño disputouse no Tecor de “O Campo” na localidade pontevedresa de Xeve, unha proba de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril puntuable para a Copa Galicia da especialidade.

A proba contou con un total de 37 monteiros que foron xulgados por Roberto Costa Tellado e Jaime Villaverde Balado.

A proba transcorreu sen imprevistos e foi o monteiro Jacobo Rodríguez co seu can “Bachata” o que acadou o primeiro posto con 199,5 puntos. Oscar Alvela con “Pirata” e Álvaro Fontenla con “Piñón 1” acadaron o segundo e terceiro posto con 198 e 185,5 puntos, respectivamente.