XABARIL
A FGC solicita a colaboración de sociedades e cazadores no Plan de Xestión Integral do Xabaril en Galicia (PXIXG)
7/7/2014

A Federación Galega de Caza, xunto con outras entidades, está a participar nun Grupo de Traballo creado pola Consellería de Medio Ambiente para por en marcha un Plan de xestión integral do Xabaril en Galicia, que permita coñece-la situación actual deste animal para poder planifica-las medidas de control e sostibilidade, de cara a axudar ás sociedades de cazadores a previr e minimiza-los danos que produce nos cultivos e nos accidentes de tráfico, principalmente.

Pero para poder elaborar un traballo serio e rigoroso faise necesaria a implicación das sociedades de cazadores, porque elas son as que, pola súa experiencia, coñecen mellor os problemas que xera este animal na súa zona, no seu tecor, por iso é fundamental a súa participación cumprimentando a ficha que poderá descargar a continuación, e devolvéndoa a federacion@federaciongalegadecaza.com, ou tamén pode enviala ao fax 981-562779, ou por correo postal á FEDERACIÓN GALEGA DE CAZA (Estadio Multiusos de San Lázaro, porta 12 – 15707 Santiago de Compostela).

Descargar Ficha