CANS DE PARADA
“Agra de Torres da Varela” de Carlos Lalín gañadora en Riveira
10/7/2014

Proba puntuable para a Copa Galicia de Cans de Parada

O pasado 6 de xullo disputouse no concello coruñés de Riveira unha proba de Cans de Parada puntuable para a Copa Galicia contando coa organización da Sociedade de Caza e Pesca Barbanza e coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña.

Antonio González Álvarez, Esteban Cambón Bertoa, Eloy Rodríguez Rego e José Ángel Seco Alvite foron os xuíces encargados de arbitrar esta proba na que, en Británicos, a cadela pointer femia de nome “Agra de Torres da Varela” propiedade de Carlos Lalín Ferreiroa acadou o primeiro posto cunha calificación de 1ºEXC. O segundo posto foi para o setter macho de nome “Aragon” propiedade de Pedro Rodríguez Sanjurjo cunha calificación de 1º MB. Carlos Lalín Ferreiroa repetía en terceira posición coa pointer femia “Alba de Torres da Varela” cun 2º MB.

En razas Continentais, o gañador era o braco alemán macho de nome “Denon de Mirandaola” de Vicente Cortes cun 1º EXC. Cunha calificación de 1º MB remataba en segunda posición o can “Piti” de Andrés Pena Vázquez.