SAN HUBERTO
Jorge Martín gañador en Aranga
25/8/2014

Proba Puntuable para a Copa Galicia de San Huberto

O pasado 15 de agosto disputouse no Tecor San Pelayo, sito no concello coruñés de Betanzos, o XIV Trofeo Internacional de San Huberto Cidade de Betanzos, unha proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade.

A proba estivo xulgada por Ramón Bertoa Suárez, Iván Rodríguez Pereira e David Romero Alborés, sendo o director da proba Manuel Rebordelo Maira.

Rematada a competición, foi o cazador Jorge Martín Sánchez o que co seu pointer “Fio da Chousa” o que acadou o primeiro posto cun total de 73 puntos. Juan José Canosa Vigo acadaba o subcampionato coa pointer femia “Zeta da Chousa” cun total de 61 puntos. E xa a terceira posición era para Edelmiro Leira Pérez co setter inglés “Verdi de Cumbraos” e 56 puntos.