ÓBITO
Falece Silverio Liñares, xuíz de rastro da FGC
26/8/2014

Lamentamos comunicar a defunción de Silverio Liñares Canedo, xuíz de rastro da Federación Galega de Caza.

A FGC lamenta profundamente a súa perda ao tempo que lle achega a familiares e amigos o seu máis sinceiro pésame.

O velatorio ten lugar no Tanatorio "San Xulián" en Cerceda (A Coruña). O enterro será mañá ás 18.30h na Igrexa Parroquial de Cerceda.