ENTREVISTA
Javier Nogueira analizará o inicio da tempada cinexética nos micrófonos da Radio Galega
16/10/2014

O Presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, será entrevistado este sábado no programa "Caza e Pesca na Galega", que se emite de 7.00h a 8.00h nas ondas da radio pública galega.

O programa, que repasa cada semana a actualidade da caza e a pesca en Galicia, está presentado por Rodrigo Pérez Pardo e conta coa colaboración de Antón Arrojo, Director de "Galicia Cinexética", a revista da Federación Galega de Caza.

No transcurso da entrevista Javier Nogueira Diz, presidente da Federación Galega de Caza, analizará os diferentes temas da actualidade da caza en Galicia así como o inicio da tempada de caza que arrancará na nosa comunidade este domingo día 19 de outubro.

Para aqueles que non poidan escoitar en directo o programa este sábado, poderán facelo a vindeira semana cando estea dispoñible para a súa descarga dende a propia páxina web da Radio Galega, da cal se dará boa conta dende esta páxina web.