ARCEAS PONTEVEDRA
Andrés Pereira gañador en Tomiño
17/11/2014

Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Arceas

O pasado sábado 15 de novembro disputouse no Tecor da Sociedade de Cazadores de A Tomiñesa, unha edición máis do Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa inestimable colaboración de dita Sociedade de Caza.

Un total de 23 escopetas se citaron nesta fase provincial de caza de arceas na que a adversa climatoloxía e a falta de entrada de arceas marcou esta edición.

O campionato foi para o cazador Andrés Pereira Pereira con 500 puntos acadados por facer a súa entrada en control cunha arcea. O segundo posto era para José A. Rodríguez Rodríguez namentres que completaba o podio en terceira posición Rafael Vázquez Cores.

A estes tres primeiros clasificados acompañaranos os cazadores Antonio Giraldez Martínez, Javier Calvo Simois e Francisco Fariña Villanueva, conformando a representación de Pontevedra para o vindeiro Campionato Galego de Caza de Arceas.