LIBROS
José Luis Garrido presenta o seu libro “Modalidades y Métodos de Caza”
28/1/2015

O acto desenvolveuse o pasado venres, na Consellaría de Fomento e Medio Ambiente de Castela León.

O libro é pioneiro en ofrecer unha relación exhaustiva das modalidades e dentro delas dos métodos de caza de onte e de hoxe en España.

Na presentación participaron o Director Xeral do Medio Natural, José Ángel Arranz, o Presidente da Federación de Caza de Castela e León, Santiago Iturmendi e o biólogo Mario Sáenz de Buruaga, que en liñas xerais eloxiaron o traballo de Jose Luis subliñando a minuciosidade, o coñecemento da caza e a dilatada traxectoria do autor, como cazador e responsable federativo, con vocación formadora e divulgadora da caza, sempre dende o dato e o argumento científico.

Na súa alocución, José Luis Garrido, Presidente Honorífico da Federación de Castela e León, agradeceu a presenza de familiares e amigos, cazadores e non cazadores, e tamén o ámbito ofrecido pola Consellaría, facendo un repaso polos contidos dos cinco capítulos do libro que de forma amena á vez que rigorosa describen todas as formas de cazar, históricas e actuais, no noso país; dende as máis coñecidas como a caza en man ou a rabo ás máis curiosas e descoñecidas para o común dos cazadores, como a caza concachaba ou ata a sorprendente caza de avetarda con avión.

O libro encóntrase á venda dende hoxe e pode conseguirse tamén a través das oficinas da Federación de Caza de Castela e León.