COPA GALICIA SAN HUBERTO
Dopico gañador en Prado Salgueiro
12/3/2015

V Campionato Cabo Fisterra de San Huberto

Despois de que o 28 de febreiro tivese que ser suspendido por mor da néboa o pasado 7 de marzo tivo lugar o V Campionato de Caza san Huberto Cabo Fisterra, unha proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade e baixo a organización da Sociedade de Cazadores Cinexética Carnotana e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña e os terreos de Prado Salgueiro.

Á cita acudiron un total de 17 cazadores que se repartiron en 2 campos e foron xulgados por 3 xuíces. A fase final pasarían 6 cazadores resultando a clasificación final como segue a continuación:

Roberto Dopico Dopico coa súa cadela pointer Easy de Capagut acadaba o primeiro posto con 67 puntos converténdose deste xeito no campión da proba. En segunda, con 61 puntos, posición remataba José María Carnota Ríos co seu setter Halcón de Reynadama. Completaba o podio con 52 puntos o xoven cazador Juan José Canosa coa pointer Z da Chousa.