XUNTANZA
Unificación de criterios de xuíces de rastro
16/3/2015

No serán do pasado venres día 13 de marzo, a Federación Galega de Caza convocaba a tódolos xuíces das modalidades de Rastro de Xabaril e Rastro de Coello a unha xuntanza co fin de unificar criterios a hora de xulgar este tipo de probas e campionatos.

A dita reunión asistía o Secretario Xeral da FGC, Ramón Rodríguez, o Coordinar Interno da FGC, Juan Ángel Alonso, o Coordinar de Competicións da FGC, José María Álvarez, o Delegado de Rastro de Coello e Xabaril da FGC, Nicolás Castro, e o Vocal da FGC Emilio Bolaño. Xunto a eles un total de 25 xuíces que fixeron unha “posta a punto” ante o inminente inicio dos diferentes campionatos destas dúas disciplinas, sobre todo as de rastro de xabaril que terán lugar en vindeiras datas.

Máis de tres horas de xuntanza no que os xuíces esclareceron e unificaron diferentes puntos dos regulamentos de competicións de Rastro de Coello e Xabaril.