AGILITY
Proba da Liga AutonĂ³mica en Cangas
1/4/2015

Os días 28 e 29 de marzo de 2015 tiveron lugar as dúas primeiras probas da Liga Autonómica de Agility do ano 2015. As probas celebráronse en Cangas e foron organizadas pola Federación Galega de Caza e o club de Agility Patas.

Sábado 28 de marzo: En grao 1, categoría estándar gañou a proba Silvia López con Apu, do club Agility Compostela, en segundo lugar quedou Juan Carlos Vázquez con Ringo, de Agility Coruña e en terceiro lugar Ina Wunschmann de Lobos de Naraío. Na categoría midi-mini, gañou a proba Bruno Otero con Polaris do club Patas, en segundo lugar quedou María Gutierrez con Winner e en terceiro lugar Andrea Costoya con Leo, ambas do club Teocan. En grao 2, categoría estándar, gañou Silvia López con Cata, do club Agility Compostela, en segundo lugar quedou Julio Freire con Chika do club Patas e en terceiro lugar Fernando Estevez con Pepa de Agility Compostela. En categoría midi-mini quedou en primeiro lugar Julio Freire con Peka do club Patas, en segundo lugar quedou Carlos Souto con Hachi de Teocan e en terceiro lugar Alba Alonso con Misha de Agility Compostela.

Domingo 29 de marzo: En grao 1, categoría estándar gañou a proba Juan Carlos Vázquez con Ringo, en segundo lugar quedou Gerardo Paleo con Seven, ambos de Agility Coruña e en terceiro lugar quedou Yago Ricoy con Avar, de Lobos de Naraío. En categoría midi-mini quedou en primeiro lugar Carla Buela con Dober de Teocan, en segundo lugar Silvia Núñez con Nano, de Agility Compostela e en terceiro lugar Andrea Costoya con Leo de Teocan. En grao 2, categoría estándar, quedou en primeiro lugar José Carlos Iglesias con Urko do club Wecan, en segundo lugar Silvia López con Cata e en terceiro lugar María Teijeiro con Xeito, ambas de Agility  Compostela. En categoría midi-mini quedou en primeiro lugar Carlos Souto con Hachi, de Teocan, en segundo lugar Alba Alonso con Misha, de Agility Compostela e en terceiro lugar Julio Freire con Peka do club Patas.

Os xuíces da proba foron Bruno Otero en grao 2 e Adrián Choren e Jorge Ramos en grao 1.

Resultados completos

Grado I
Grado II Mini/Midi
Grado II Standard