FORMACIÓN
A Xunta organiza un curso de formación para a xestión web de Tecores
9/4/2015

A Xunta de Galicia ven de organizar un curso que tratará os conceptos básicos relacionados coa utilización das aplicacións que compoñen o Portal de Caza en Galicia. O portal de caza comprende varias aplicacións, mediante as que se xestionará todo o relacionado cos plans de ordenación e planificación da caza, por parte de todos os axentes involucrados.

O curso, que terá unha duración de 3 horas, celebrarse o vindeiro 15 de abril en Santiago de Compostela, e está orientado a persoal da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras, representantes das Sociedades de caza de Galicia, e ás entidades de xestión nas que estas deleguen as súas obrigas de rexistro e comunicación coa administración.

Programa do curso