RASTRO XABARIL
Francisco Rodeiro con “Cho”, gañadores en Antas de Ulla
23/4/2015

Proba de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril en Antas de Ulla

O pasado 19 de abril disputábase na localidade lucense de Antas de Ulla unha proba puntuable para a Copa Galicia de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril organizada pola Sociedade de Caza Santa Mariña en colaboración coa Federación Galega de Caza en Lugo.Na proba participaron un total de 33 monteiros cos seus respectivos cans que tentaron facerse un oco na fase final desta proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade.

Nesta fase final o primeiro posto recaeu no monteiro Francisco Rodeiro Eiras co seu can de nome “Cho”. José Manuel Barreiro Rivadas co seu can “Ludo” situábase na segunda posición. Xa en terceira lugar remataba Juan Fernández Vecino co seu can de nome “Zulu”.