RRCC ARCO CORU√ĎA
Arqueiros en Bens
5/5/2015

IV Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza con Arco

O pasado 2 de maio disputouse nos Montes de Bens – A Coruña -  o Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza con Arco organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e contando coa colaboración do Clube Arco Hércules e a Asociación de Veciños de Bens.

No provincial de Percorridos de Caza con Arco participaron máis de 30 arqueiros que tentaron clasificarse para o autonómico da especialidade nunha estupenda xornada para os amantes do arco no cal se enfrontaron a un total de 5 propostas.

Na categoría de Arco Asistido Masculino o primeiro posto da clasificación foi para o Pedro Martínez Ángel. En segunda posición situouse o arqueiro Sergio Sobral Barcia. En terceira posición clasificouse Jaime Villaverde Balado.

En Arco Tradicional Masculino o primeiro posto foi para Oscar Novas Seijas. Arsenio Lago Rodríguez e Javier Méndez Veira, facíanse co segundo e terceiro posto respectivamente.

Na categoría de Arco Asistido Femenino foi Iratxe Guillén Bouzas a que acadaba o primeiro posto.

En Arco Tradicional Femenino resultaba gañadora a arqueira Sonia Mª Ribeiro Cosaco por diante de Inmaculada Sta. Marta Rodríguez.

En Long Bow era Juan Bandeira Autrán o que se facía co primeiro posto da clasificación. O subcampionato recaeu en Lee Ransdale e xa na terceira posición remataba Benigno Ruiz Pascual.