RRCC CORUÑA
Cebreiro García imponse no provincial
5/5/2015

Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza

Na xornada do pasado domingo 3 de maio, disputouse nas instalacións do Campo de Tiro Río Sar a fase provincial de A Coruña do Campionato de Percorridos de Caza organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e a Sociedade Deportiva Río Sar.

Ata 40 tiradores se deron cita nesta fase provincial clasificatorio para o autonómico da especialidade. Tiradores que se enfrontaron a 100 pratos con moi variadas traxectorias e posicións de tiro.

Foi o tirador Daniel Cebreiro García o que se convertería en Campión Provincial ao ser o primeiro clasificado na xeral absoluta con 86 pratos escachados. Manuel García Pombo, con 83 pratos, subiu o segundo posto da clasificación xeral e xa o terceiro posto foi para Ángel Mosquera Cornide que completou o podio con 83 pratos.

En veteranos o gañador foi Elisardo Cea Cebreiro con 82 pratos e en superveteranos impúxose Ángel Mosquera Rodríguez con 76 pratos derribados.

En xuvenís o gañador era Antón  Moure Segade con 53 pratos namentres que en damas o primeiro posto era para Maria Mercedes Saavedra con 39 pratos.

A selección provincial queda composto polos seguintes tiradores: Daniel Cebreiro, Manuel García, Ángel Mosquera, Antonio Iglesias, Fernando Sánchez, Juan Carou, Manuel Regueiro, Ramón A. Noya, Juan Vázquez, José Manuel Torres, Ángel Vidal, José Martín, José Luis Sánchez, Elisardo Cea, Antonio Castro, Antón Moure, María Mercedes e Ángel Mosquera.