PAXARILES CORUÑA
Paxaros cantores en Río Seco
5/5/2015

O pasado domingo 3 de maio, disputouse no concello de Narón o Campionato Provincial de A Coruña de Paxaros Cantores baixo a organización da Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade de Paxariles A Faísca.

Na competición participaron un total de 102 paxaros repartidos nas seguintes modalidades: 28 xílgaros, 11 liñaceiros, 20 verderolos, 28 mixtos de xílgaro, 9 mixtos de liñaceiros e 6 mixtos de verderolos. Actuaron como xuíces Iván Fajardo Cao, Gonzalo Vergara Castro, Jesús Ángel Faraldo Ares e Manuel Ángel Chao Porto, sendo o director da proba Miguel Ángel Ares Ares.

A clasificación final quedou do seguinte xeito:

Liñaceiro
1º Dionisio Ares Babarro con 42 puntos
2º Dionisio Ares Babarro con 27 puntos
3º Camilo Taboada Piñeiro con 19 puntos

Mixto de Liñaceiro
1º Mª Ángeles Pérez Arcos con 60 puntos
2º Miguel Ángel Ares Ares con 52 puntos
3º Miguel Ángel Ares Ares Ares con 46 puntos

Xilgaro
1º Dionisio Ares Babarro con 54 puntos
2º Ricardo Díaz Fernández con 46 puntos
3º Iván Fajardo Cao con 43 puntos

Mixto de Xilgaro
1º Luis Roiz Rodríguez con 107 puntos
2º José Sanjuan Maceiras con 94 puntos
3º José Luis Gándara Conde con 89 puntos

Verderolo
1º Pedro Fernández Jiménez con 25 puntos
2º Pedro Fernández Jiménez con 15 puntos
3º Pedro Fernández Jiménez con 14 puntos

Mixto de Verderolo
1º Jacobo Romero Gómez con 29 puntos
2º María Ángeles Pérez Arcos con 23 puntos
3º Jacobo Romero Gómez con 12 puntos