AVISO
Trasládase o lugar de celebración do Campionato Provincial da Coruña de Cans de Parada
11/5/2015

Debido a problemas de organización de última hora, o Campionato Provincial da Coruña de Cans de Parada, modalidade de caza práctica, previsto para o día 16 de maio en Mazaricos, trasládase ao Tecor "Eixil" de Cedeira, no mesmo día e mesma hora previstas.

Dende a Federación Galega de Caza na Coruña prégalles aos participantes que desculpen as molestias que este feito lles poida ocasionar.