MELLORAS E PROMOCIÓNS
Mutuasport revoluciona os seguros de caza coa súa promoción de descontos para o 2015
12/5/2015

A Mutua de Seguros para Cazadores, Mutuasport, acaba de comezar, en colaboración coas Federacións Autonómicas de caza adscritas ao seu convenio, entre as que se atopa a Federación Galega de Caza, unha ambiciosa promoción de descontos para os seus seguros de caza.

Esta oferta inclúe descontos aplicables para todo tipo de cazadores, tanto aqueles que xa tiñan un seguro contratado coa Federación, como aqueles que soamente tiñan unha licenza federativa e mesmo para aqueles que queiran contratar por primeira vez algún dos documentos únicos que se ofertan dende a Federación, e que inclúen, xunto coa licenza federativa, os seguros de caza máis completos do mercado.

Así, aqueles federados que tiveran contratado un dos seguros de caza (documentos únicos N, Q ou S) poderán desfrutar este ano das coberturas do seguro SUPERIOR ao que tiñan contratado polo MESMO PREZO do seu seguro actual. É dicir:

  • Os que tiñan un seguro N pasarán a ter un seguro Q, con 200.000€ máis de capital asegurado que o N, polo prezo do seu seguro N. Tamén poderán obter o seguro tipo S polo prezo do seguro Q.
  • Os que tiñan un seguro Q pasarán a ter un seguro S, con 200.000€ máis de capital asegurado que o Q, polo prezo do seu seguro Q.
  • Os que tiñan un seguro S pasarán a ter un seguro PREMIUM, que  suma nada menos que 400.000€ máis de capital en danos a terceiros e case 18.000€ máis en danos propios, ademais de incluír dous cans asegurados TODO O ANO e un seguro para o roubo da arma. Sen dúbida o seguro máis completo do mercado.
  • Os asegurados que tiñan un seguro N ou Q tamén poderán obter un seguro PREMIUM pagando o prezo do seguro tipo S.

Pola súa banda, tanto aqueles federados que tivesen soamente unha licenza federativa e queiran engadirlle un seguro de caza, como aqueles cazadores que non estiveran federados e queiran facelo este ano, poderán contratar este ano un dos seguros de caza de Mutuasport cun 30% DE DESCONTO sobre a prima do seguro.

E coma sempre, estes seguros de caza van incluídos coa licenza federativa, o que conleva tódolos servizos que oferta a Federación Galega de Caza: asesoría xurídica gratuíta, xestión de licenzas de caza, servizo de licenzas de uso de emisora, medios de consulta e información sobre caza, campañas de formación exclusivas, descontos, etc, e, sobre todo, formar parte do órgano de representación máis importante do cazador, imprescindible para loitar con forza polos dereitos e reclamacións do colectivo.

Arquivo PDF Descargar Díptico Seguros 2015

Arquivo PDF Descargar Promocións e Descontos 2015