XUNTANZA |
O Secretario Xeral do Medio Rural e Montes recibe á FGC |
13/5/2015 |
A reunión tivo lugar na Consellería de Medio Rural e Montes sita en Compostela Continuando cas diferentes reunións mantidas coa Administración Pública sobre temas relativos a actividade cinexética e ao seu desenvolvemento e mellora, na mañá de hoxe día 13 de maio o Secretario Xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández Couto-Juanas recibía ao Presidente da Federación Galega de Caza Javier Nogueira Diz. No transcurso da xuntanza, o Secretario Xeral e o presidente federativo abordaron diferentes puntos relativos a caza e ao medio rural, ao tempo que se informaban dos diferentes temas de actualidade vinculados a actividade cinexética e ao rural. Remataba a xuntanza baixo un ambiente distendido e de entendemento entre Fernández e Nogueira, quedando emprazados para futuras xuntanzas. |