RASTRO XABARIL
O can “Cañón” e José Luis Iglesias, gañadores en Vila de Cruces
18/5/2015

Proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade

A Sociedade de Cazadores de Vila de Cruces era o escenario da celebración de unha proba mais da Copa Galicia de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril organizado por dita sociedade e contando coa colaboración da Federación provincial de Pontevedra de Caza.

Alejandro González e Jaime Villaverde eran os xuíces encargados de axuizar aos preto de 20 cans con seus respectivos monteiros que se deron cita nos montes de Vila de Cruces.

José Luis Iglesias co seu can sabuxo de nome “Cañón” eran os que acadaban o primeiro posto con 225,5 puntos. Marcos Naveira con “Ney” situábase na segunda posición con 224 puntos. Con 196 puntos o terceiro posto era para o monteiro lucense Juan Fernández Vecino co seu grifón azul “Duque”.