CIDADE DE NARÓN
Os campións foron Ramón Picallo en San Huberto e Martín Serantes en Rastro de Xabaril
19/5/2015

Proba Puntuable para a Copa Galicida das disciplinas de San Huberto e Rastro de Xabaril

Baixo a organización da Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia, e contando coa colaboración da Federación de Caza de A Coruña, o pasado domingo disputábase o Torneo Cidade de Narón nas disciplinas de Caza San Huberto e Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril.

Unha xornada de intensa competición e con unha climatoloxía favorable fixo que o Torneo Cidade de Narón fora do máis interesante para os competidores cinexéticos que ata Xuvia se achegaron.

A vitoria nesta sétima edición do campionato de Caza San Huberto foi recaer en Ramón Picallo, seguido de Ignacio Pérez en segunda posición. O terceiro posto era para o novo cazador Juan José Canosa.

O máis acertado no seguimento do rastro do suído con cans atrelados foi o monteiro Martín Serantes. O segundo posto desta sexta edición foi para Pablo Vila. E xa no derradeiro caixón do podio accedía Jorge Mesías.