SAN HUBERTO
Álvaro Otero gaña o Provincial de Pontevedra
13/7/2015

O pasado día 11 de xullo, tendo  de escenario  o lugar de “Vilachán do Monte” en Tomiño, cunha climatoloxía axeitada e un ambiente fenomenal, disputouse o XXI Campionato Provincial de Pontevedra de “San Huberto” baixo a organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra, a dirección técnica de Rafael Sánchez Malvar,  e a arbitraxe do titular Santiago Saavedra Cuíña. Actuado de “sementadores de perdices” os nativos Ismael Besada e Xaime Fernández.

Á cita, clasificatoria para fase autonómica da especialidade,  acudiron un total de 9 cans  (1 springer) e nos primeiros postos rematou deste xeito:

1º e campión, Alvaro Otero (Sociedade “A Laxe”), con “”Gio de Serra Suave” (SIM). 78 puntos.
2º e subcampión, Francisco Xosé Martínez, co can “Queso de la Armuña” (SIM). 58 puntos.
3º, Xosé Ramón Zamora, co cadelo “Kurco de Paradela” (PM). 47 puntos.
4º, Ramón Carnero, con “Folk de Pasarín” (PM). 46 puntos.
5º, Carlos A. González, con “Sombra do Lugar Vello” (PF), 43 puntos.

Estes cinco cazadores representarán a Pontevedra no Galego da modalidade.

En Spingers, Saturnino Pereira, ao non contar con contrincantes, foi o vencedor na súa categoría con “Andrómena” (SSF)  e 15 puntos.

Ao remate da competición (14 h.) celebrouse o tradicional xantar de clausura no restaurante “Florentiña” (Pinzás/Tomiño) que estivo presidido  polos Presidentes da Federación en Pontevedra, Francisco Couselo, e da Sociedade anfitrioa, Horacio  Blanco Pérez, tres veces finalista de España de “caza de arceas” e outras tantas de “caza menor”, entre unha morea de participacións e de vitorias provinciais e autonómicas.