SEGUROS AMPLIADOS
Mutuasport anticípase á entrada en vigor do novo Baremo de Danos
13/7/2015

Mutuasport, a Mutua dos Cazadores, recomenda a contratación de maiores coberturas nas súas pólizas ante a inminente entrada en vigor do novo Baremo de Danos, que segundo os cálculos do Goberno, elevará as compensacións por falecemento unha media do 50% e por secuelas un 35%, e que entrará en vigor en xaneiro de 2016.

Por iso, a Mutua mantén a súa ambiciosa campaña comercial engadindo importantes descontos na súa ampla gama de produtos para este ano 2015, especialmente ante a boa acollida que está a ter o seguro de nova creación PREMIUM, cunha cobertura de Responsabilidade Civil superior ao 1.000.000 €.

Mutuasport pon de manifesto que os cazadores son os máis interesados en esixir aos seus compañeiros un seguro coas suficientes coberturas en Responsabilidade Civil, co propósito de previr situacións futuras.

Se desexa ampliar a información da campaña, pode poñerse en contacto coa Federación Galega de Caza, en calquera das súas oficinas nas catro provincias galegas.