CANS PARADA
Iván López en británicas e Vicente Cortés en continentais lévanse a vitoria en Riveira
14/7/2015

Foi o pasado domingo 12 de xullo cando se celebraba a segunda edición do torneo de caza práctica (cans de parada) “Cidade de Riveira”, organizado pola Sociedade de Caza e Pesca de Barbanza en colaboración coa Federación Galega de Caza.

Trala concentración de participantes, que tiña lugar ás 8.00h da mañá, comezaba a proba, na que participaban preto dunha ducia de cans repartidos entre as dúas categorías nas que se desenvolve a competición.

Finalmente, na categoría de razas británicas o vencedor era “Inferno do Fontelo”, o can de Iván López López cun 1ºExc, seguido de “Easy de Capagut” e “Chuco de Torres da Varela”, ámbolos dous de Calos Lalín Ferreiroa, cun 2º Exc e un 3º MB respectivamente.

En razas continentais unha vez máis era Vicente Cortés Doce que remataba gañador co 1º MB que obtiña seu can “Aris de Poldarriba”, sendo o segundo posto nesta ocasión para Belisario Bertoa con “Bat” e unha calificación de 2º MB. No terceiro posto repetía Vicente Cortés con “Denon de Mirandaol”, que obtiña un 3º MB.