POR 4€ / CAN
Os cazadores federados xa poden asegurar os seus cans todo o ano ao mellor prezo
20/7/2015

Mutuasport, a Mutua de Cazadores coa que a Federación Galega de Caza ofrece as mellores coberturas do mercado para os seus federados, segue co seu plan para mellorar e ampliar a súa oferta de seguros neste 2015.

Neste caso, e cumprindo cunha das demandas máis habituais dos federados, Mutuasport ven de crear un novo anexo de cans para cubrir a responsabilidade civil dos cans os 365 días do ano a un prezo inmellorable: tan só 4€ por cada can a asegurar.

Este novo anexo mantén as coberturas habituais do actual anexo de cans (sen franquicia), e que destacan como as máis completas do mercado: 200.000€ de límite por sinistro e ano, cuns sublímites de 150.000€ por danos corporais e 50.000€ por danos materiais; todo isto cunha franquicia de 50€.

Os cazadores federados que o desexen xa poden contratar este novo anexo que lles permite incluír ata 12 cans, estar cuberto os 365 días do ano a un prezo moi atractivo de tan só 4€ por can, e complementar así ao seu seguro federativo, que xa cubre a responsabilidade civil dos cans durante a acción de cazar ou adestrando, e ata 30 días en caso de extravío, ata o límite de cobertura da póliza.

A Federación Galega de Caza, co soporte de Mutuasport, segue a traballar cada día para responder ás demandas dos seus federados, ofrecendo os mellores seguros do mercado ao mellor prezo posible, sen letras pequenas, e con tódalas garantías de calidade e fiabilidade que só a Federación pode ofrecer.