RASTRO DE XABARIL
O galego Francisco Rodeiro, con “Cho”, revalida o título de Campión de España
11/8/2015

XXIII Campionato de España de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril

Ata terras vascas se desprazou a selección galega o pasado sábado 8 de agosto para representar a nosa comunidade no nacional de cans de rastro atrelados sobre xabaril.

Dende fai anos son varios os títulos nacionais nesta disciplina que veñen para Galicia e este ano non quixo ser menos e o monteiro galego Francisco Rodeiro Eiras revalidou o título de Campión de España co seu can “Cho”. Na segunda posición remataba Eduardo González con “Chispa” e a medalla de bronce era para o monteiro Alfonso Basarrate con “Miña”.

Pero a brillante actuación dos monteiros galegos tamén quedaba reflectida na clasificación final onde 5 deles remataron entre os 9 primeiros postos, en cuarta posición Francisco Romero, en sexta Manuel Rodeiro, en sétima Juan Vecino e en novena Antonio Sánchez.

Dende a Federación Galega de Caza darlle a noraboa a toda a selección galega polo nivel acadado nesta edición XXIII do Campionato de España de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril.