VALEDORA DO POBO
Reunión entre a FGC e a Valedora do Pobo
16-10-2015

 

Milagros Otero foi nomeada a finais do pasado mes de agosto nova Valedora do Pobo

No día de onte, unha comisión da Federación Galega de Caza, integrada polo Presidente, Secretario Xeral, e Tesoureiro, reuníanse coa nova Valedora do Pobo, Milagros Otero, para trasladarlle o parecer da Federación Galega de Caza sobre determinados pronunciamentos feitos polo seu predecesor no cargo.
 
A FGC ofreceulle a Milagros Otero a súa colaboración en asuntos que afecten á materia cinexética;  colaboración que agradeceu a nova Valedora ao tempo que se amosou disposta a manter unha fluída relación entre ámbalas-dúas institucións nesta nova etapa.