CAZA MENOR LUGO
O provincial de Lugo foi, novamente, para Jaime González
24-10-2015

 

O pasado sábado 24 de outubro desputouse nos terreos da Sociedade A Xesteira, sitos no concello de Sarria, o Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza de Lugo coa colaboración de dita Sociedade.

Os diferentes cazadores chegados dende varios puntos da provincia lucense desfrutaron dunha boa xornada cinexética nestes montes, contando cunha boa climatoloxía que os acompañou durante todo o campionato.

Foi o cazador Jaime González Yáñez o que revalidaba o título de Campión Provincial con 1.100 puntos. En segunda posición remataba Manuel Pérez López con tamén 1.100 puntos. Jesús Blanco Paredes tíñase que conformar coa terceira posición deste campionato acadando tamén 1.100 puntos. 

A estes tres cazadores acompañaranos Rogelio Gómez Rodríguez e Iván Rodríguez Ferreiro, conformando deste xeito o equipo lucense que representará a esta provincia no vindeiro Campionato Galego da especialidade que se desputará o próximo día 7 de novembro.