CAZA MENOR OURENSE
Jaime Pintos revalida o título de campión provincial
24-10-2015

    

O pasado sábado 24 de outubro desputouse nos terreos da Sociedade de Cazadores de Sandiás, o Campionato Provincial de Ourense de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza de Ourense en colaboración con dita Sociedade de Cazadores.

Destacar desta fase provincial a caza avistada polos participantes, feito iste que fixo que a proba estivese do máis entretida.

Foi o cazador Jaime Pintos Davila o que acadaba, novamente, o título de Campión Provincial de Ourense de Caza Menor con Can cun total 1.200 puntos. En segunda posición remataba Jorge Vázquez Iglesias con 400 puntos. E o terceiro posto era para Roberto Miguelez Sainza con 200 puntos.

Jaime Pintos Davila,Jorge Vázquez Iglesias ,Roberto Miguelez Sainza, Abel Andrés Otero e Camilo Pacios Viso serán os cazadores que representaran a provincia de Ourense no vindeiro Campionato Galego da especialidade.