Publicadas as bases reguladoras de subvencións a Clubs, SAD e Agrupacións Deportivas Escolares
27-10-2015

Hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a “RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas”.

Este ano, a diferenza de anos anteriores, publícanse en primeiro lugar as BASES REGULADORAS, quedando pendente para os vindeiros días a publicación da CONVOCATORIA.

Polo tanto, aínda non se poden presentar as solicitudes de subvención ata que non se publique no DOG o texto coa Resolución polo cal se CONVOCAN ditas subvencións. 

O mesmo día en que se publique a convocatoria no DOG comunicaráselle de novo vía e-mail, ademáis de publicalo na web da Secretaría Xeral para o Deporte.

http://deporte.xunta.gal/