ARCEAS LUGO
José Manuel Díaz foi gañador en O Saviñao
23/11/2015

O pasado sábado 21 de novembro os cazadores lucenses apaixoados pola caza da arcea tiñan unha cita no Tecor de O Saviñao, disputábase unha edición máis do Campionato Provincial de Lugo de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo en colaboración coa Sociedade de Cazadores de O Saviñao.

Co termómetro marcando valores mínimos concentrábanse os 32 participantes nesta edición, unha ampla participación de cazadores que demostra o incremento de apaixoados a esta caza en xeral e de cazadores lucenses en particular.

O campionato transcorreu sen imprevistos e tan so destacar as 5 arceas capturadas e a participación do novo cazador de 16 anos Unai Arteche Arbiol

Foi o cazador José Manuel Díaz Paz con 500 puntos o que acadou o primeiro posto converténdose deste xeito no novo campión provincial. Co mesmo número de puntos que o campión, Bernardo Traseira Rois e José Manuel Paredes Silvosa acadaban o segundo e terceiro posto respectivamente.

A estes 3 primeiros cazadores clasificados acompañaranos Alfonso Rodríguez Martul e Oscar Ares López conformando a selección lucense para o autonómico da especialidade.

Un xantar de irmandade e a entrega de premios puxo o punto e final a esta edición quedando todo emprazado para o vindeiro sábado día 28 coa disputa do autonómico da especialidade no concello lucense de Friol.