ARCEAS OURENSE
José Carlos Otero acadou o campionato
23/11/2015

No Tecor Pena Maior sito no concello ourensá de Piñor disputouse a edición provincial do Campionato de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza de Ourense contando coa colaboración de dita Sociedade de Cazadores.

O campionato transcorreu sen nada salientable agás a destacada participación e a choiva que fixo mais dura se cabe esta xornada de caza de arceas.

Foi José Carlos Otero o que con unha arcea abatida o que se fixo co título de campión provincial desta edición. O subcampionato recaeu en José Luís Méndez Tesouro namentres que o terceiro posto era para Artemio Formoso Barro.

A selección de Ourense que participará no vindeiro autonómico da especialidade será representada polos tres primeiros clasificados mais Jesús Feijoo Fariña e Jaime Pintos Davila